2 de xul. de 2021

OIA

O Concello de Oia informa de cambios de  circulación nas rúas de acceso ao Mosteiro durante esta fin de semana


A rúa Párroco D. Claudio Rodal Fandiño (Baixada ao Mosteiro) será de sentido único de baixada ata a praza Centinela e con saída polo camiño do Fial (Porto de Oia-colexio)

Fonte: Concello de Oia
   

Infogauda / Oia

 O executivo municipal que preside a alcalde Cristina Correa Pombal, vén de facer público na tarde de hoxe o seguinte comunicado:

 "Co gallo das obras de instalación de fibra que se están a realizar por parte de Telefónica na rúa Párroco D. Claudio Rodal Fandiño, o Concello de Oia anuncia os seguintes cambios no sentido da circulación do tráfico rodado entre as 17.00 horas do venres día 2 de xullo e ata o luns 5 de xullo:  

-A rúa Párroco D. Claudio Rodal Fandiño (Baixada ao Mosteiro) será de sentido único de baixada ata a praza Centinela e con saída polo camiño do Fial (Porto de Oia-colexio).  

-Queda prohibida a circulación polo Porto de Oia en dirección á praza Centinela.  

-Ao casco histórico só poderán acceder residentes ou vehículos autorizados, sempre respectando o sentido da dirección das rúas sinaladas.  

-Lémbrase que non está permitido aparcar no medio de toda a rotonda nin nas zonas sinalizadas con vallas ou cinta de balizar.  

-Lémbrase que, como zona de aparcamento, están dispoñibles o parking municipal e a Eira do Convento. Como aparcamento alternativo tamén están as zonas do CEIP Mestre Manuel García e a Casa Cultural de Oia.  

-Desde o Concello de Oia pídese a colaboración cidadá para evitar atascos e problemas de acceso."  

Ningún comentario:

Publicar un comentario