25 de xul. de 2021

DEPORTES

PIRAGÜISMO

OS TEIXUGOS, MELLOR EQUIPO NO CAMPIONATO GALEGO DE SLÁLOM

· Destacada participación do club, que rematou o torneo con oito medallas: dous ouros, catro pratas e dous bronces

O Club Deportivo Miño Teixugos acudiu ao torneo con nove deportistas que tiveron unha destacada actuación
Fotos: Club Deportivo Miño Teixugos


Informa: Rosa Fernández Carrera

 Este sábado celebrouse en Arbo o Campionato Galego de Slálom, a máis importante das competicións da Liga Galega. O mellor dos clubs galegos acudiu ao evento, no que destacou, de forma negativa, a baixa participación feminina. O Club Deportivo Miño Teixugos acudiu ao torneo con nove deportistas que tiveron unha destacada actuación.  

 En K1 feminino sénior o podio estivo totalmente dominado polas “teixugas”: Ainhoa Barreiro fixo o mellor tempo da categoría gañando o ouro, Laura Alonso foi prata e Alba Soutelo bronce. Na modalidade de C1 muller sénior, Alba Soutelo acadou a súa segunda medalla, nesta ocasión de ouro.  

 En C1 home sénior Luís Fernández fixo o segundo mellor tempo, a tan solo medio segundo de gañar a carreira. Na mesma categoría Brais Castro foi sexto e Emilio Rodríguez noveno.  

 En K1 home júnior, Alexis Segadaes acadou a medalla de prata facendo o segundo mellor tempo, e Sergio Rodríguez foi bronce.  

 En K1 home sénior, Luís Fernández, subiu ao podio a recoller outra medalla de prata ao rematar segundo.  

 En K1 home veterano, Emilio Rodríguez gañou a proba, acadando a medalla de ouro. 

 Destacada participación do club, que rematou o torneo con oito medallas: dous ouros, catro pratas e dous bronces.    

Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos foi o gañador do campionato
 
 Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos foi o que acadou unha maior puntuación, que o fixo gañador do campionato, seguido polo Club Piragüismo Penedo e, en terceiro lugar, o Club Tea de Mondariz.

 Tamén se celebrou o Campionato Galego por Equipos, tamén coñecidas como patrullas, unha modalidade moi espectacular e vistosa, na que tres padexeiros de cada club deben facer a baixada xuntos.  

 En K1 home sénior, o equipo formado por Emilio, Brais e Luís, foi segundos por detrás do Tea de Mondariz, os mesmos deportistas repetiron prata e canoa ou C1, nesta ocasión por detrás do Piragüismo Penedo.  

 En K1 home júnior, Alexis, Sergio e Mateo Rivas, tamén subiron ao podio co terceiro mellor tempo.  

 En K1 sénior feminino, Alba, Laura e Ainhoa, acadaron o ouro.  

 A seguinte competición a que terán que facer fronte o equipo será o Campionato de España  que se celebrará en Sort o 7 e 8 de agosto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario