PIRAGÜISMO
CINCO MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS
· NA 3ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM
Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera
Este domingo celebrouse en Monforte de Lemos a terceira das competicións da Liga Galega de Promoción de Slálom, no que participan nenas e nenos de entre 7 e 13 anos. O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con once representantes, que acadaron cinco podios, pero que, sobre todo, fixeron deporte, amigos e desfrutaron da xornada.
En K1 muller pre-benxamín, Lara Muíños foi a segunda mellor deportista da categoría, acadando a medalla de prata e Itzel del Río foi cuarta.
En K1 muller benxamín, Leila Álvarez foi a gañadora e súa irmá Nerea rematou segunda.
En K1 home pre-benxamín, Tiago Rey subiu ao podio co terceiro mellor tempo.
En K1 home benxamín, tivemos a participación máis numerosa, Alejandro Barreiro rematou sexto, Lois Montenegro sétimo, Leo Álvarez oitavo e Guillermo Vicente noveno.
En K1 home alevín, Javier Lluch fíxose coa medalla de prata co seu segundo posto.
En K1 infantil, Pedro Lomba rematou sétimo.
Na clasificación final por equipos, o Deportivo Miño Teixugos, rematou no cuarto lugar.
Desde o Club Deportivo Miño animan as familias a traer aos seus nenos e nenas para practicar este deporte no que priman os valores e o bo ambiente, nun momento en que a infancia está tan necesitada de actividade física.




Ningún comentario:
Publicar un comentario