5 de xul. de 2021

DEPORTES

ATLETISMO

CARMEN MAGALLANES PÉREZ, MEDALLA DE PRATA NOS 1.500 M. OBSTÁCULOS CON RÍA

· A guardesa pertencente ao club Sociedade Atlética do Trega logrouna no Campionato Xunta de Galicia Sub16 - Sub18  en pista ao aire libre

Carmen Magallanes Pérez, coa súa medalla de prata



Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega 

 O pasado venres, nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo) celebrouse o Campionato Galego  Sub16 e  Sub18 en pista ao aire libre. 

 As actuacións dividíronse en dúas xornadas: o venres e o sábado. 


Carmen Magallanes Pérez - 1ª pola esq. - no podio, logo dunha brillante carreira

 Á nosa atleta Carmen Magallanes Pérez, tocoulle o venres pola tarde, ás 20:20 h, con choiva e vento a intres. Participou na proba de 1.500 m obstáculos con ría. Saíu moi decidida, colocándose xa en segunda posición manténdoa ata a liña de meta, obtendo a medalla de prata na categoría Sub16 feminino, cun crono de 5´42" 82.   

 Felicidades Carmen!

Ningún comentario:

Publicar un comentario