Gemma Marqués
RETIRO PICTÓRICO
Casa Taller. A Guarda. Pontevedra.
28 e 29 de Agosto de 2021
Proposta
Curso de Acuarela con Gemma Marqués. Artista e docente. Licenciada en Belas Artes e con ampla experiencia.
2 días de Pintura do natural en exterior e na Casa Taller, espazo de creación alternativo na Guarda, un pequeno pobo mariñeiro do sur de Pontevedra, fronte a Portugal. O estudo está situado no porto, fronte ao mar, con moita luz e unhas vistas preciosas. Trátase de desconectar da rutina e conectar coa contorna, a pintura e deixarse levar, crear, compartir, relaxarse, comer ben, brindar e gozar mentres se aprende a técnica da acuarela.
Cronoloxía
28 e 29 de Agosto de 2021.
Horario de 11 a 14 h. e de 17 a 20 h. Total: 12 horas.
Grupos reducidos, máximo de 10 persoas. Obrigatorio o uso de máscara en interiores. Clases e correccións individualizadas.
A quen vai dirixido
A persoas maiores de 18 anos interesadas na arte e a pintura.
Non é necesaria formación previa, aínda que é recomendable un mínimo nivel de debuxo e pintura.
Programa
Día 1
Mañá. Presentación, benvida e probas de cor e trazo na Casa Taller.
Tarde. Pintura do natural no porto de A Guarda, praia urbana da Ribeira.
Día 2
Mañá. Traballo na Casa Taller. Tarde. Pintura do natural nas Cetarias.
Prezo
O curso custa 120 € por persoa. Inclúe as clases de pintura e o espazo de traballo. Tamén un viño español o sábado pola tarde.
Opción de vir días soltos por 60 € o día. Contactar primeiro comigo para efectuar a reserva e ver a dispoñibilidade de prazas, antes de facer a transferencia. O horario será de 11 a 14 e de 17 a 20 h.
O aloxamento e a comida non están incluídos neste prezo.
Para facer efectiva a reserva é necesario facer unha transferencia de 60 €, indicando o nome completo e os días que vai vir, ao nº de conta de Abanca ES07 2080 5038 4230 4002 4068 a favor de Gemma Marqués Redondo.
Dita cantidade será descontada do prezo do curso.
En caso non poder acudir pola Pandemia de Covid -19, será devolta a cantidade da reserva. Noutros casos non xustificados, non será devolta a fianza.
Materiais
Cada alumno debe trarer o seu propio material para traballar. Papel de acuarela, caderno de campo, pinceis de acuarela e pintura. No estudo hai mesas, cadeiras, caballetes, auga corrente e material para pintar se fose necesario.
Enviarase por correo electrónico unha lista cos materiais concretos.
Gemma Marqués
Artista plástica, docente e xestora da Casa Taller. www.lacasataller.net
Estudo Casa Taller, Malteses, 53, 36780 A Guarda. Pontevedra. Tel. 986 61 04 17 / 607 08 61 92
gemmamarquesarte@gmail.com www.gmarques.com





Ningún comentario:
Publicar un comentario