23 de xul. de 2021

A GUARDA

ACTiVIDADES NA HONRA DE SAN CAETANO

Na capela de A Cruzada



Infogauda / A Guarda

 A Comisión de Festas de San Caetano, vén de facer público ás actividades programadas para celebrar a festividade do santo patrón da Providencia. Comezarán o venres día 30 de xullo, a partir das 21:00 horas, coa subida do arco floral no recinto da capela. Nesa mesma data, ás 20:30 horas, dará comezo á novena na honra do santo.

 O domingo día 8 de agosto, ás 11.30 horas, no adro da capela, celebrarase unha misa solemne. Para asistir a esa eucaristía é obrigatorio o uso de máscara e o mantemento da distancia estabrecida polas autoridades sanitarias.

 Unha vez rematada a misa haberá unha tirada de foguetes na honra do santo e en lembranza dos mordomos falecidos e ausentes.

 O sábado día 7 e o domingo día 8 de agosto, a charanga "Vaia Panda", de A Guarda, fará sendos pasacalles polas rúas da vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario