31 de xul. de 2021

A GUARDA

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS: "(...) Dende CONVERXENCIA GALEGA apostamos pola construcción dun novo Pavillón Municipal adaptado a época actual e non a arranxos que non resolven a problemática existente e custan máis que unha obra nova"


Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro do Grupo Municipal Converxencia Galega

Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 A media tarde deste sábado día 31 de xullo de 2021, na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo recibimos de Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro do Grupo Municipal de Converxencia Galega, a seguinte nota de prensa: 

 "No Pleno Ordinario celebrado no día de onte, tivo lugar o debate sobre a aprobación do proxecto das obras de remodelación do “Galpón-Pavillón Municipal”.

 Diante da nota emitida polo Sr. Alcalde aos medios de comunicación, dende este Grupo Político, queremos deixar claro e puntualizar ou matizar a información sesgada, cousa típica e habitual do Grupo de Goberno do PSOE.

 1º).- A información completa e proxecto de obra, é unha mezcolanza de plans e proxectos elaborados dende 2017 a esta data, mandados reunificar nun só documento que nos foi remitido o xoves, día 29 de xullo, documentación que NON pasou pola Comisión de Asuntos Plenarios nin de Asuntos Económicos, cousa que é preceptiva. Nunha palabra, se pretendía o apoio a este proxecto cos ollos pechados. En ningún momento informaron e pediron a opinión dos grupos da oposición. Eles que presumen de facer as cousas con tempo e ben, tiñan que telo aprobado onte, porque o luns remata o prazo de presentación da solicitude.  

 2º).- Non é certo que temos unha subvención de 600.000,00 €, senón imos a presentalo para ver si hai sorte e nos conformaremos co que nos de a Deputación, o resto, se pretende cubrir con fondos propios do Concello de 1.000.000 (UN MILLON) de Euros.  Todo iso, para facer unha remodelación dunhas instalacións obsoletas e que non arranxan a problemática e a necesidade de ter un Pavillón Municipal acorde ca categoría do equipo do Atlético Guardés de balonmán. Pero ademais, que era a gran oportunidade para que realmente dispuxésemos duns espazos modernos e que foran de multiuso, para que puidesen usalo outras disciplinas deportivas, que neste momento teñen que adestrar en O Rosal, Tomiño ou Vigo.

 3º).- Dicen que NON hai terreos onde construir ese Polideportivo que precisa o deporte guardés, e que a culpa a teñen os gobernos anteriores, porque non rexistraron ben as leiras que mercaron o arredor da Piscina Municipal. Despois de estar máis de DEZ anos gobernando, son tan bos que NON foron capaces de arranxar o asunto. Había que saber cantos metros cadrados mercaron dende que o PSOE entrou a gobernar a día de hoxe para facerse con máis espazos.

 4º).- Todos sabemos que os pilares do Pavillón Municipal tiveron que ser anillados e cubertos con cemento, para poder retrasar un pouco máis a oxidación que teñen. Temos mal a estrutura e queremos poñelo “bonito” para que non desentone de fondo cando se faga a “foto oficial” nosa máxima autoridade. Unha nova instalación, eliminaría a problemática do alumnado de A Sangriña, de ter que usar unhas deportivas que non danen o parqué da pista de xogo.  Isto é un decir, porque logo vemos como pasan persoas con zapatos  normais.

 5º).- Entre os que votaron a favor, escoitamos a xustificación de que deste xeito, podería convertirse en multiuso este “galpón-pavillón” que xa cumpliu seu ciclo “vital” é precisa a súa sustitución por outro MAIS AMPLO, MODERNO e MULTIUSO, o que non hai é vontade de facer nada polo progreso de A Guarda. Este Equipo de Goberno está esgotado e a vista dos veciños está a imaxe diaria de deixadez e abandono, o mesmo tempo que outros concellos nos superan en avance e progreso. ¡¡Que ben nos viña agora o diñeiro malgastado na compra do Campo de “Fínola”!!  

 6º).- Queda a gran pregunta, ¿Dónde vai adestrar e xogar o Atlético Guardés, mentres se fan as obras? Di o Sr. Alcalde que en O Rosal ou en Caminha, ¿é os equipos desas localidades van trocar o seu calendario de preparación e competición? Non era preferible deixar o actual “Galpón-Pavillón” para adestramento e poñer en marcha unhas obras a un ou a varios anos e facer as instalación que este pobo necesita?

 7º).- Reiterar que dende CONVERXENCIA GALEGA, apostamos pola construcción dun novo Pavillón Municipal adaptado a época actual e non a arranxos que non resolven a problemática existente e custan máis que unha obra nova. 

A Guarda, a 31 de xullo de 2021      


Celso R. Fariñas 

Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA  

Ningún comentario:

Publicar un comentario