3 de xul. de 2021

A GUARDA

Intervención artística nos bancos das Solanas

· Coa colaboración de Tamara Baz, artista local de A Guarda


Dúas alumnas do CEIP Plurilingüe As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo, conversan no banco da mediación

Fotos: T.B.

CEIP Plurilingüe As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo / A Guarda

 No CEIP Plurilingüe As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo, lévanse a cabo diferentes actividades para a mellora da convivencia. Entre elas, xa fai uns anos que co alumnado puxemos en funcionamento un proxecto de mediación entre iguais. Durante 5º de primaria fórmanse en emocións, habilidades sociais e na resolución de conflitos e en 6º de primaria convírtense nos responsables de mediar ante conflitos no patio.  


O banco da amizade do CEIP Plurilingüe As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo
  

 Este curso, coa colaboración de Tamara Baz Alonso, artista local de A Guarda, deseñouse un banco da mediación, que se utilizará como recuncho para resolver os conflitos coa técnica “boca-orella”.  

 Ademais, elaborouse tamén un banco da amizade que servirá ao alumnado que ten dificultades para relacionarse a buscar o apoio dalgún compañeiro/a. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario