28 de xul. de 2021

A GUARDA

VII Xornadas Internacionais de Pesca de Orpagu 

Terán lugar o venres día 30 de xullo, na Casa dos Alonso




Mar Bermúdez / A Guarda

 A Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) organiza este venres, día 30 de xullo, a sétima edición das súas Xornadas Internacionais de Pesca sobre Grandes  Migradores, que este ano se celebran baixo o título: “Apostando polo futuro da pesqueira”.  

 Os mecanismos de avaliación e ordenación de  Iccat; as claves para alcanzar o reto da sustentabilidade;  o novo Fondo Europeo Marítimo, Pesqueiro e Acuícola e as súas oportunidades para as organizacións de produtores, así como a aplicación dos Fondos  Next  Generation na pesca serán os principais temas a tratar nesta xornada que contará coa participación do investigador Jaime Mejuto; a directora  xeral da Consellería  do Mar, Mercedes Rodríguez; o Xefe de Área da Unidade de Apoio da Dirección Xeral de Ordenación Pesqueira da Secretaría Xeral de Pesca, José Vicente Palmeiro, e a vicepresidenta de  Anecteam,  Josune Larrañaga. 

 O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e o presidente de  Orpagu, Joaquín  Cadilla Castro serán os encargados de inaugurar a xornada, que clausurará a xerente da organización, Juana Parada Guinaldo, coa lectura das conclusións. 







Día: Venres, 30 de xullo de 2019. 

Hora:  Inauguración ás 09:00 horas. 

Lugar: Casa dos Alonso (Concello), na Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario