24 de xul. de 2021

A GUARDA

O alcalde de A Guarda reuniuse cos traballadores da fábrica que IKF posúe nas Cachadas

Desexa que se retomen as negociacións e se acaden acordos entre a dirección e comité de empresa


Vista da fábrica que Imerys Kiln Furniture España S. A. (IKF) posúe nas Cachadas (A Guarda)
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Como xa avanzamos neste xornal dixital transfronteirizo o pasado día 19 deste mes, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, mantivo durante esta semana conversas cos traballadores e a dirección da fábrica que a multinacional Imerys Kiln Furniture España S. A. (IKF) posúe nas Cachadas, "para coñecer de primeira man os motivos do desencontro entre ambos que motivaron a rotura das negociacións dun novo pacto."  

 Segundo vén de facer público na mañá deste sábado día 24 de xullo de 2021 o executivo municipal de A Guarda "Antonio Lomba trasladou a súa inquedanza a ambas partes pola actual situación. A súa vez comentou cos traballadores que lle houbera gustado ter unha xuntanza con eles antes de romper as negociacións, como sucedera en anteriores ocasións.  

 O alcalde mostrou o seu apoio aos traballadores e as súas familias e trasladoulle a súa preocupación polo centro de traballo, unha das empresas mais importantes e grandes da localidade, que forma parte da historia da comarca.  

 Así mesmo comunicou a dirección e comité de empresa o seu desexo de que se retomaran, a maior brevidade, as negociacións, entendendo que queda marxe para chegar a acordos e que para conseguilo debe haber cesións por ambas partes."

Ningún comentario:

Publicar un comentario