23 de xul. de 2021

A GUARDA

A XXIV EXFIMIÑO PÓN EN VALOR O CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA OU MONACAL

· Esta mostra filatélica está organizada pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.)


Asistentes ao acto de inauguración da XXIV ExfiMiño, mostra filatélica adicada ao Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, organizada pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.)
Fotos: Infogauda


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Na tardiña deste venres día 23 de xullo de 2021, foi inaugurada a XXIV ExfiMiño adicada ao Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, organizada pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.). Esta mostra filatética poderá visitarse este sábado día 24 e o domingo día 25, no salón parroquial da casa reitoral de A Guarda, en horario de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 horas.



 O acto de inauguración contou coas intervencións de José Ángel Gándara Rodríguez, presidente da entidade organizadora, quen deu a benvida a todas ás persoas asistentes, agradecendo a colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello de A Guarda, Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), así como dos coleccionistas filatélicos participantes, e por suposto ao respectable público.

 Na súa intervención, José Ángel Gándara Rodríguez, dixo: "O Camiño Portugués estivo e está, vertebrado por dous camiños: o que nace en Lisboa e o que florece en  Viseu. O camiño de Lisboa ten dous percorridos diferentes que se unen en  Coimbra, un que vai por  Santarem e Tomar e outro máis á costa, por Caldas dá  Rainha, Alcobaça e  Leiria. Chegando a Porto ten unha bifurcación cara a Braga e, unha vez alcanzada Vila  do Conde, un trazado diríxese cara a Barcelos e o outro segue pola costa cara a Viana  do Castelo e Caminha, esta última era de gran importancia porque era a que seguían os peregrinos procedentes das terras máis occidentais de Portugal e países de Ultramar.  

 Na actualidade, todo investigador sobre a peregrinación a Santiago de Compostela coñece a rica variedade dos camiños lusos e, por iso, rexeita que se fale dunha única vía á que se denomina, en exclusiva, Camiño Portugués.  

 Por tal motivo e, coincidindo con este Ano Compostelán, a  Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa organiza a  XXIV Exposición filatélica  EXFIMIÑO dedicada ao Camiño Portugués pola Costa ou  Monacal xa que, o municipio da Guarda é a súa porta de entrada en España. Esta exposición está patrocinada pola Deputación de Pontevedra e o  Concello da Guarda; coa colaboración da Federación Galega de Sociedades Filatélicas ( FEGASOFI) e a Igrexa Parroquial de Santa María da Asunción da Guarda. 
 
 A mostra conta coas mellores coleccións filatélicas galegas do tema Xacobeo, que existen en Galicia (...)".

 Gándara dixo tamén que "(...) con motivo desta ExfiMiño, Correos concedeu un cuño conmemorativo e un selo personalizado (...)."

 Logo da intervención do presidente da S.F.N.G., fixo uso da palabra María Elisa Abad Suárez (Marila), secretaria xeral de FEGASOFI, quen adicou unhas verbas de recoñecemento as persoas que forman parte da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, polo seu destacado labor ao longo do tempo, na organización de eventos filatélicos, e na participación dos seus membros en certames nacionales e internacionales.

 Marila Abad tivo tamén unhas verbas de lembranza para Valentín Suárez Alonso, presidente de FEGASOFI, falecido o pasado día 13 de maio de 2021, por causa da Covid-19, salientando que de non ser por esa fatal circunstancia hoxe estaría eiquí desfrutando na compaña dos membros da S.F.N.G., e sentíndose como se estivese na súa casa.

 A continuación fixo uso da palabra, Iria Lamas Salgueiro, deputada provincial de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Arquitectura e Proxectos Europeos, quen agradeceu poder estar na Guarda e coñecer de preto as persoas que traballan a prol da filatelia, organizando eventos como este.

 Finalmente, interviu Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Cultura de A Guarda, para "(...) agradecer aos membros da S.F.N.G. súa implicación e seu traballo continuado e mesmo súa colaboración noutras actividades culturales, de tal xeito que sempre se pode contar coa súa achega (...)".

 Ao tempo que lle desexou moitos éxitos a nova xunta directiva da S.F.N.G., e continuar así o labor feito polas directivas precedentes, Mª Montserrat Magallanes también referiu que "(...) cada vez que os filatélicos guardeses levan súas coleccións a distintos eventos tanto nacionais como internacionais, están levando tamén un pouco de A Guarda polo mundo adiante", e "iso - dixo - é moi de agradecer (...)".

Selo e cuño conmerativo da exposición

 E logo dunha breve intervención de José Ángel Gándara agradecendo ao párroco Jesús García Villadóniga - ausente por estar nun servizo eclesiástico -, poder expoñer na casa rectoral;  procederíase a posta en circulación do selo, cuño e sobre conmemorativos, contando coa participación de Rosa Silva Rivera, directora en funcións da oficina de Correos de A Guarda, por atoparse de vacacións José Luis Franco Rodríguez, director titular da devandita oficina postal. 


De esq. a der.: 
Iria Lamas Salgueiro, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, José ángel Gándara Rodríguez e Marila Abad Suárez, no momento da posta en circulación do selo, cuño e sobre conmemorativo


 Finalmente, autoridades, membros da S.F.N.G. e público, procederon a visitar á exposición que mostra unhas coleccións dos seguintes expositores:
 
Jesús Andrés López Calvo

"Dar pousada ao peregrino. Hospitalidade e asistencia nos camiños de Santiago".

José Barros Cachaldora

"Vía de la Plata", "Vía de la Plata. Camino Sanabrés", "Camiño Francés", "Camiño de inverno", "Camiño da Costa", "Camiño do Norte primitivo", "Camiño Portugués" e "Tarxetas do camiño".

Carlos Pérez-Fonterosa Antón

Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade.

Luciano Lomba Vicente

Del monasterio rural a la catedral urbana.

A exposición filatélica contribúe a espallar os valores que posúe o itinerario xacobeo


 Como vén sendo costume, a S.F.N.G. publicou ExfiMiño (Boletín informativo de la Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa). Nesta ocasión o nº 42, en cuxas 22 páxinas - ademáis da portada e contraportada - impresas en offset, figuran os datos correspondentes ao enderezo social, correo electrónico e blog da S.F.N.G., os nomes dos compoñentes da actual xunta directiva, e os seguintes traballos:

· Material emitido para la Exposición "A Guarda. Porta do Camiño pola Costa ou Monacal".
·  "El Eirado", por Juan Domínguez Fontela.
· Espositores.
· "Camiño Portugués por la Costa", de José A. Gándara.
· Próximas exposiciones donde participarán nuestros socios.
· "El hospital de San Marcos", por Juan Domínguez Fontela.
· In Memoriam, Valentín Suárez Alonso.

 Con esta XXIV ExfiMiño a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa pón en valor a ruta xacobea revelación: O Camiño Portugués pola Costa ou Monacal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario