23 de xul. de 2021

A GUARDA

FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2021
Do 9 ao 16 de agosto


 
Infogauda / A Guarda
 
 A Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Alameda vén de dar a coñecer á programación das Festas do Monte Santa Trega, 2021, que comprenden desde o día 9 ao 16 de agosto, ainda que algunhas actividades deportivas comezarán na fin de semana precedente.

 Debido ás circunstancias que todos, en maior ou menor medida coñecemos, o contido do programa non é como nos gustaría. Así e todo, hai un avance respecto a 2020. Non debemos esquecer que mellor nos iría se todo o mundo cumplira coas indicacións das autoridades sanitarias, e dese xeito os datos serían moito mellores. En todo caso, a realidade da pandemia é a que é, e temos que adaptarnos a ela do mellor xeito posible, na confianza de que virán tempos mellores.

 Como podemos comprobar nos correspondentes carteis, na programación das Festas do Monte Santa Trega deste 2021 hai varias actividades deportivas, festivas, gastronómicas e lúdicas, pensadas todas elas para o desfrute da veciñanza e visitantes, cumplindo coas medidas establecidas nos protocolos Covid. 












Ningún comentario:

Publicar un comentario