I TORNEO FÚTBOL 7 FESTA DO MONTE
Disputarase os días 7 e 8 de agosto de 2021, no Estadio Municipal
Infogauda / A Guarda
A Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Alameda, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda, organiza o I Torneo Fútbol 7 Festa do Monte, que se disputará os días 7 e 8 de agosto de 2021 no Estadio Municipal de A Guarda.
Haberá os seguintes premios:
1º.- 420 euros e trofeo
2º.- 240 euros e trofeo
3º.- 120 euros e trofeo
4º.- Trofeo
As inscricións deberán facerse no Bar Celta (teléfono 610 668 774), sendo a data tope o mércores día 4 de agosto.
O prezo é de 90 euros por equipo.
O sorteo farase o día 6 de agosto, ás 22:00 horas, no Bar Celta.
Admitiranse un máximo de 24 equipos con un tope de 10 xogadores por equipo.
A organización non se fai cargo de roubos nin lesións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario