13 de xul. de 2021

A GUARDA

Rematou A Guarda Diversa 2021” 

· Cun éxito de participación nas accións para dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+  


A der. da imaxe: Fátima Rodriguez, concelleira de Igualdade, con Sara Silva, María Torre e Elisabeth Pérez, na primeira xornada do proxecto  “A Guarda Diversa”
Fotos: C.A.G.
 

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Silva Uris - responsable do proxecto Transformando Realidades-, repetiu neste ano o proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que remataron na pasada fin de semana.  

 As actividades arrancaron na xornada do 28 de xuño coa gravación dun Manifesto que se pode ver na canle de YouTube do Concello de A Guarda, así coma a colocación da bandeira representativa deste colectivo na fachada da Casa consistorial.  


Compoñentes do Grupo de Baile Xamaraina, nunha actuación na praza do Reló, incluída na programación de “A Guarda Diversa”

 A parte central das actividades tivo lugar na pasada fin de semana, arrancando o venres 9 de xullo na Praza do Reló cunha mesa redonda baixo o título "Ver e non só mirar. A visibilidade LBT", un faladoiro onde se tratou sobre a importancia de tomar conciencia dos temas actuais que afectan ás mulleres lesbianas, bixesuais e trans, o seu papel na historia do colectivo e cales son os obxectivos de cara o futuro, e que estivo impartida por María Torre (Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez (Asociación Nós Mesmas), baixo a moderación de Sara Uris. Foi retransmitida en directo a través da conta de YouTube do Concello de A Guarda.  

 Tamén á mesma hora a Casa dos Alonso acolleu “Piratrans Carabarco”, un obradoiro infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos e impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas, onde, a través da historia de Piratrans Carabarco, transmitiuse ás crianzas o valor da diversidade e a igualdade, rematando cunha actividade plástica cos nenos e nenas asistentes. 

 

Fátima Rodríguez - 2ª pola esq. - con Sara Silva _ no centro da imaxe -, Soledad Fernández, Pilar Fonte e Alejandra Alvedro

 Na xornada do sábado día 10 de xullo a Praza do Reló foi o escenario para a mesa redonda "Familias TransOrgullosas", que estivo impartida por Soledad Fernández, Pilar Fonte e Alejandra Alvedro, e foi modearada por Sara Silva Uris e onde tratouse sobre familias TransOrgullosas, abordando temáticas como as expectativas da crianza, a diversidade familiar e a transexualidade na infancia. Houbo tamén nesta xornada unha actuación sorpresa do grupo de baile Xamaraina. Foi retransmitida en directo a través da conta de YouTube do Concello de A Guarda.    


Recital de poesía eléctrica de Samuel Merino “Pompa e Boato” co acompañamento musical de Fernán Permuy

 Xa para pechar esta segunda edición de A Guarda Diversa, na xornada do domingo día 11 de xullo, a praza de Avelino Vicente acolleu o espectáculo de poesía eléctrica da man do poeta Samuel Merino “Pompa e Boato” co acompañamento musical de Fernán Permuy (guitarra), un recital a partires dunha escolma de poemas en galego e castelán, que son un percorrido por un tempo de espazos baleiros que se enchen de palabras e harmonías.  

 Dende a Concellería de Igualdade e o CIM de A Guarda agradécese a gran participación nas diferentes accións programadas nesta edición, superando todas as expectativas iniciais, tal e como manifestou a Concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario