10 de xuño de 2021

TUI

“BREVE HISTORIA DE TUI” DE RAFAEL SANCHEZ BARGIELA

· A publicación será presentada o martes día 15 de xuño, ás 20:00 horas, na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (Edificio “Francisco Sánchez”, antiga Área Panorámica)






Infogauda / Tui

 O historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela presentará o vindeiro martes 15 de xuño o seu último libro, “Breve historia de Tui”, recentemente editado. Este acto terá lugar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (Edificio “Francisco Sánchez”, antiga Área Panorámica) ás 20:00 horas. A entrada é libre ata completar o aforo. 

 O autor estará acompañado na presentación por Cristóbal Ramírez, xornalista especialista en turismo e no Camiño de Santiago; José Ramón Fernández e Isilda Salvador, do Instituto de Estudios Tudenses e vinculados á Catedral de Tui e ao Núcleo Museolóxico de Valença do Minho; e polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. 




 A obra, editada por Ediciones Accidentales e impresa por Gráficas Juvia, de Tui, realiza unha visión panorámica do devir histórico da cidade de Tui,  procurando unha linguaxe accesible a todos os públicos, co obxectivo de difundir a inmensa riqueza histórica que atesoura esta cidade.  

 "Existe unha ampla bibliografía - sinala o autor-, que estuda aspectos diversos da historia, da arte, das tradicións, do patrimonio tudense, pero moi escasas obras que fagan un achegamento xeral á súa historia. Este libro pretende encher ese oco na ampla produción de estudos e investigacións sobre a nosa cidade". 

RAFAEL SÁNCHEZ BARGIELA (Tui, 1961) 

 Licenciado en Xerografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Técnico de Arquivo, Biblioteca e Museo no Concello de Ponteareas (1988-2006) e no Concello de Tui dende 2006, agás o seu paso pola xerencia da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia (2014-2019). 

 Autor de diversos libros e artigos dedicados ao seu ámbito profesional, así como á historia de Ponteareas e Tui e arredor do Camiño de Santiago e a cultura xacobea. Creador e responsable do blog Tudensia, dedicado á historia da cidade de Tui. Membro fundador do Instituto de Estudios Tudenses. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario