TRANS MIÑO LGTBIQ+ INICIA AS SÚAS ACTIVIDADES CON MOTIVO DO DÍA DO ORGULLO LGTBIQ+ 2021
Trans Miño-LGTBIQ+
No centro da asociación Avelaiña Val Miñor, onte reuníronse o coordinador da asociación Trans Miño-LGTBIQ+ no Val Miñor, e o presidente de dita asociación, acordando facer unha charla con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+.
Desta maneira, Trans Miño-LGTBIQ+ dará comezo a celebrar o mes do Orgullo LGTBIQ+.
Acompañando a esta charla haberá máis actividades, como son mesas informativas no concello de Tomiño, Tui, Baiona e Nigrán así como a presentación do vídeo forum titulado "A HISTORIA DO MOVEMENTO LGTBIQ+ EN ESPAÑA", seguida dunha reportaxe, onde se poderá ver a narración dunha persoa reclusa pola erradicada lei de perigrosidade social, e un mozo destes tempos.
O punto festivo terá lugar o vindeiro día 26 coa 1ª Festa Trans Louro LGTBIQ+.
Pechando as actividades deste ano 2021, coa inauguración da oficina LGTBIQ+ Comarcal do Condado-Paradanta, coa presenza da maioria dos alcaldes e alcaldesas, e concelleiros e concelleiras da Comarca do Condado-Paradanta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario