14 de xuño de 2021

PONTEVEDRA

A Estación Fitopatolóxica Areeiro reitera a necesidade de revisar as viñas para comprobar o estado do mildio 

· O persoal técnico da EFA observou tamén os primeiros acios con síntomas de oídio e recomenda a vixilancia da bolboreta do buxo   


 Mildio en acio 
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanza un novo aviso fitosanitario no que volve a facer fincapé na necesidade de revisar as viñas o máis a miúdo posible en busca de mildio, sobre todo ante os prognósticos meteorolóxicos que presaxian tormentas e precipitacións. O persoal técnico do centro asegura que a meteoroloxía dos últimos días non foi especialmente favorable para o desenvolvemento da enfermidade pero recibiu numerosas informacións que afirman que está a aparecer mildio nos acios, o que acrecenta a necesidade de revisar as viñas.  

 Doutra banda, o persoal técnico do centro xa ten observado os primeiros acios con síntomas de oídio, sobre todo nos predios tratados previamente con xofre e cunha frondosidade elevada. Para combater o oídio o persoal técnico recomenda os tratamentos con funxicidas antioídio que non sexan de contacto. Do mesmo xeito, non se observan avances no black rot e desde o centro seguen a recollerse machos doutros parasitos de viña e incuso a atopar algún glomérulo de Lobesia así como viñas con síntomas leves de erinosa de verán. No que respecta á bolboreta do buxo, o persoal da EFA atopou as primeiras postas, aínda que moi testemuñais, de Cydalima perspectalis, e prevé unha maior proporción de postas e mesmo as primeiras eclosións de ovos, polo que recomenda incrementar a vixilancia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario