30 de xuño de 2021

OIA

Os Socialistas reclaman de novo a mellora da atención sanitaria no Centro de Saúde do municipio 

A atención médica sofre un deterioro debido a falla de médicos e, os que a padecen, son os pacientes. 


Gerardo Rodríguez Refojos, portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia

Grupo Municipal do PSdeG-PSOE / Oia

 A pesares da nosa denuncia con data de 3 de xuño reclamando medidas urxentes no Centro de Saúde de Oia, a Consellería de Sanidade ten feito oídos xordos, e a continuación imos a resumir a situación na que se atopa dito Centro: 

 Dos dous médicos titulares, ámbalas dúas atópanse de baixa, unha dende o día 2 de xuño e a outra dende o día 4 do mesmo mes, ao longo duns días os servizos médicos de atención primaria foron prestados por unha pediatra, finalmente substituíuse a unha das médicas de baixa, co conseguinte deterioro do servizo e a gran carga de traballo para a mesma, ao ter que atender todo o cupo de pacientes de Oia. 

 A raíz das queixas do Grupo Municipal Socialista mandouse outro substituto, que en todo o mes de xuño viu únicamente catro días. 

 É unha vergoña a atención que se presta en Oia aos nosos enfermos, non polos traballadores sanitarios do Centro de Saúde de Oia, que se multiplican para poder paliar a situación de falla de persoal, tendo que atender cun só medico e en ocasions sen ningún médico a unha poboación de máis de 3.000 habitantes, senón pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. A todo isto hai que engadir os problemas que temos coas urxencias médicas no PAC de A Guarda e á falla de ambulancias medicalizadas, así coma as citacións para á realización das mamografías, que non están a chegar ás persoas que se citan. 

 Dende o Grupo Municipal Socialista de Oia se reclama novamente que coa maior urxencia se cubran as baixas do Centro de Saúde de Oia, así como que o servizo de pediatría regrese a pasar consulta dous días á semana como o facía anteriormente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario