30 de xuño de 2021

DEPORTES

Se queres xogar ao fútbol: xoga na A.D. Tomiño, faite vermello! 

· A A.D. Tomiño abre o prazo de inscrición para a temporada 2021/2022




Gonzalo Lomba  / Tomiño

 Coa campaña, “Xoga na A.D. Tomiño. Faite vermello!” a A.D. Tomiño abre o prazo de inscrición para a temporada 2021/2022.  

 O club, con equipos nas categorías Mini -biberón-, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil anima a rapaces, rapazas, nenos e nenas entre os 3 e os 18 anos a unirse ao club e desfrutar do compañerismo, a aprendizaxe, a emoción e todos os bos momentos que proporciona o fútbol formativo.  

 Con adestradores titulados, preparador físico, adestrador de porteiros e departamento de saúde e nutrición entre outros, o club busca seguir crecendo e consolidándose como referencia no deporte de base na zona.  

 Logo dunha temporada atípica na que, cumplindo protocolos e medidas de seguridade, se demostrou que a práctica do fútbol é segura e, tamén, que o deporte é un gran aliado para a saúde de todos, dende a A.D. Tomiño afrontan a preparación da nova temporada coa ilusión de seguir crecendo como club e prolongando os éxitos de temporadas anteriores. Por iso, anima á xuventude da zona: xoga na A.D. Tomiño, faite vermello! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario