25 de xuño de 2021

OIA

O Concello de Oia organiza un obradoiro de inglés para escolares orientado ao Camiño de Santiago   

· O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 28 de xuño ata o 1 de xullo  



Infogauda / Oia

 O Concello de Oia organiza nos meses de xullo e agosto un obradoiro de lingua inglesa orientado ao Camiño de Santiago. A actividade é gratuíta e vai dirixida ao alumnado que teña cursado 5º ou 6º de primaria nos CEIP Mestre Manuel García e de Refoxos (nenos e nenas entre os 10 e os 13 anos, aproximadamente).  

 O obradoiro desenvolverase na Biblioteca Municipal con grupos reducidos e en sesións de dúas horas un día á semana. Crearanse dous grupos: un os martes de 15.00 a 17.00 horas e outro os xoves no mesmo horario.  

 As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto desde o luns 28 ata o xoves 1 de xullo. As persoas interesadas deberán inscribirse presentando unha instancia no Rexistro do Concello.   

 Para máis información, pódese contactar co Concello de Oia no teléfono 986 362 125.

Ningún comentario:

Publicar un comentario