22 de xuño de 2021

OIA

Oia acollerá a presentación do libro “Romanza de los naranjos en flor”   

· O acto desenvolverase este venres día 25 de xuño ás 20.00h no Centro Sociocultural de Pedornes, con aforo limitado   




Infogauda / Oia

 O Centro Sociocultural de Pedornes acollerá este venres ás 20.00 horas a presentación do libro Romanza de los naranjos en flor, de Juan Galán. O acto terá entrada libre ata completar aforo, limitado a 40 persoas segundo as medidas vixentes contra a COVID-19.  

 A presentación do libro, que ten Oia como unha das súas localizacións, contará coa participación do propio autor, o historiador Fernando Javier Costas Goberna e a alcaldesa, Cristina Correa Pombal.  

 Romanza de los naranjos en flor é unha combinación de novela histórica e de intriga ambientada en tempos da guerra civil española. Conta a historia de dous personaxes: Alfonso Castro Weiss, falanxista coruñés, avogado e fillo de republicano nacido en Ferrol, e Miguel Artimes Llana, violinista ovetense afiliado á CNT. As vidas dos dous transcorrerán paralelamente, sen que exista ningún vínculo entre eles; ata que, nun momento dado, acaban confluíndo no campo de concentración do Mosteiro de Oia: Alfonso como inspector da ICCP (Inspección de Campos de Concentración de Prisioneros) e Miguel como recluso. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario