Máis dun centenar de escolares do Baixo Miño visitaron o colmenar de Niño do Corvo
· Apicultura Niño do Corvo prepara para este verán novas experiencias apícolas
Infogauda O Rosal
Desde principios do mes de maio de 2021 a empresa Apicultura Niño do Corvo iniciou as tan esperadas visitas escolares a un dos seus colmenares nas zonas boscosas do Rosal.
Estas visitas inícianse despois do fin de restricións sanitarias e cumprindo toda a normativa vixente de seguridade para que os máis pequenos da casa poidan coñecer de primeira man como funciona o mundo da apicultura e que sexan conscientes do gran traballo que realizan as abellas para o medio ambiente e para todo o ecosistema que nos rodea.
Os colexios interesados en realizar estas visitas poden ampliar información chamando ao 671 644 541 ou ao 627 556 186.
Máis visitas para a tempada de verán
Apicultura Niño do Corvo prepara para este verán novas experiencias apícolas que, do mesmo xeito que en Semana Santa, supuxeron un importante atractivo para todas aquelas persoas que visitaron a comarca do Baixo Miño e O Rosal, onde gozar dunha actividade diferente, en contacto coa natureza con grupos reducidos e con protocolo covid-19 para a seguridade de todos os participantes.
Ademais os participantes participarán nunha degustación de meles, podendo saborear algunhas dos meles existentes como o mel de eucalipto, mielato de carballo, mel de bosque ou o mel de flores.
En palabras do emprendedor Marcos Rodríguez Portela, de Apicultura Niño do Corvo “quero que este proxecto sirva para que moita xente que non sabe como se elabora o mel poida ter a oportunidade de coñecer este mundo de primeira man, con visitas guiadas, facéndoos partícipes deste proceso”.
Proxecto “Apadriña unha colmea”
Marcos Portela puxo en marcha desde 2020 un novo proxecto titulado “Apadriña unha colmea”, mediante o cal fai partícipe, a todo o que o desexe, do proceso de elaboración do mel das súas colmeas, mediante unha achega anual.
A cambio desta achega anual, que se establece en 50€, o padriño da colmea terá dereito a dúas visitas guiadas ao colmenar, onde coñecerá como é o proceso natural da elaboración do mel de primeira man e, ademais, recibirá a cambio 3kg. de mel da colleita da colmea apadriñada.
A idea principal do proxecto é que todo aquel que estea interesado poida apadriñar a súa colmea ou ben regalar estas “experiencias” para coñecidos ou familiares, dando así a coñecer este mundo, poucas veces explorado pola maioría das persoas.
Todas as persoas que o desexen, poden apadriñar unha colmea chamando ao 671 644 541 ou enviando un correo electrónico a melninodocorvo@gmail.com
Tenda en liña
Desde hai algúns meses Apicultura Niño do Corvo conta cunha páxina web con tenda en liña na que atopar novidades sobre o mundo da apicultura así como os principais produtos, tanto para profesionais como para principiantes. Nela tamén se poden comprar dunha forma sinxela todo tipo de meles, con envío a todo o territorio nacional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario