2 de xuño de 2021

GALIZA

Xubilados/as e pensionistas da CIG mobilizaranse de novo este xoves en cidades e vilas 

· O colectivo agarda polos contidos da nova reforma das pensións que consolida as anteriores 


O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG mobilizarase de novo este xoves, día 3 de xuño, nas sete cidades para demandar a equiparación da contía da pensión mínima ao SMI 

Foto: CIG


Infogauda / Santiago de Compostela

 O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG mobilizarase de novo este xoves, día 3 de xuño, nas sete cidades para demandar a equiparación da contía da pensión mínima ao SMI, a creación dun servizo público galego de atención ás persoas; o incremento dos orzamentos destinados á atención á dependencia e un aumento de prazas públicas de Centros de Día e Residencias. 

MOBILIZACIÓNS 

Ourense: 11:30h, diante do INSS 

Santiago: 11h, Praza do Toural 

Pontevedra: 11h, Praza da Peregrina 

A Coruña: 11h, Subdelegación do Goberno 

Ferrol: 11h, diante do INSS 

Vigo: 11h, Farol de Urzaiz 

Lugo: 11h, Edificio Xunta de Galiza (ronda da Muralla)

Ningún comentario:

Publicar un comentario