ATLETISMO
Campìonato de España Individual
Mª EMILIA RODRÍGUEZ BAZ, MEDALLA DE BRONCE NA FINAL DE 5.000 METROS DE MARCHA ATLÉTICA AO AIRE LIBRE
· No LVI (Homes) e XXXXII (Mulleres) Campionato de España Máster aire libre
Informa: Sociedade Atlética do Trega
Esta pasada fin de semana nosa atleta da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, Mª Emilia Rodríguez Baz (Milu), de A Guarda, desprazouse ata terras do sur, en concreto ata as instalacións e pazo de deportes José Mª Martin Carpena, de Málaga, onde se celebrou o LVI (Homes) e XXXXII (Mulleres) Campionato de España Máster aire libre.
Mª Emilia Rodríguez (Milu) participou na final dos 5.000 metros de marcha atlética ao aire libre, entrando en meta cun sensacional rexistro de 27´46"26, facendo marca persoal e conseguindo unha vez máis outra medalla nacional, esta vez de bronce.
Felicidades Milu. A continuar así conseguindo moitos máis éxitos e medallas no futuro atlético.
Ningún comentario:
Publicar un comentario