21 de xuño de 2021

DEPORTES

PIRAGÜISMO

LUÍS FERNÁNDEZ PEREIRA, DO DEPORTIVO MIÑO-TEIXUGOS, NAS SEMIFINAIS DA 2ª COPA DO MUNDO DE SLÁLOM 


Luís Fernández Pereira
 

Informa: Rosa Fernández Carrera

 Nova cita de Luís Fernández Pereira, o canoísta de Salceda de Caselas, membro do Club Deportivo Miño-Teixugos, coa competición internacional. Luís, o único galego no equipo nacional sénior de slálom, participou na 2ª Copa do Mundo de Slálom, celebrada do 17 ao 20 de xuño na localidade alemán de Markkleeberg.  

 O venres fixo a súa primeira baixada para optar a unha das vinte prazas de semifinais en C1 masculino que se xogaban nesta eliminatoria. Luís rematou o percorrido de forma rápida e sen penalizacións, co décimo mellor tempo, que o meteron directo en semifinais sen necesidade de ir á repesca.  

 Despois de descansar sábado, o domingo intentou estar entre os dez mellores para meterse nas finais. Comezou o percorrido, cun total de 25 portas, moi rápido e con tempo de finais, pero un toque na porta 15, descentraron a  súa marcha e fixeron que tomara a porta 16 de maneira un tanto forzada, metendo apenas a cabeza, o foi que penalizado con 50 segundos que o deixaron fóra de finais.  Luís rematou esta copa nunha máis que digna vixésimo sexta posición.  

Vídeos de Luis Fernández Pereira

· Baixada en semifinais    

· Baixada de clasificatorias  

Ningún comentario:

Publicar un comentario