Recital de Álex Sierpes Pereira nos 1.000 metros obstáculos
Cunha incrible marca histórica de 3´03"68 lograda nas pistas de atletismo de Balaídos
Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega
Esta pasada fin de semana o atleta guardés do club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, participou no Campionato de Galicia Sub14 (infantil), celebrado nas pistas de atletismo de Balaídos (Vigo), onde estiveron os máximos especialistas da modalidade de toda a xeografía galega, coas mellores marcas mínimas para poder participar no devandito campionato.
O noso atleta participou na xornada de mañá de onte sábado, concretamente ás 13:55 horas. momento no que foi dado o pistoletazo de saída da proba, onde partiu como claro favorito á vitoria final porque dominaba a clasificación, e así foi. Áles Sierpes non defraudou ás expectativas xa que desde o comezo tomou en solitario o mando da proba, cun dominio absoluto, de principio a fin, non dando opcións aos seus rivais. Dese xeito entrou na liña de meta en primeira posición, proclamándose campión de Galicia dos 1.000 m obstáculos con paso de ría, facendo un crono de 3´03"68 batendo por segunda vez neste ano, o récord galego da súa modalidade, que el mesmo ostentaba con 3´06", que lograra facer en Lugo, sendo así polo cal recupera o liderazgo con esta mellor marca nacional, onde actualmente estaba en 2º lugar da clasificación.
Moitas felicidades Álex polos teus éxitos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario