19 de xuño de 2021

CULTURA

Luz Casal actuará en xullo no Obradoiro coa Real Filharmonía de Galicia dentro da programación cultural do Xacobeo 21-22  

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a diretora de Turismo, Nava Castro, presentaron xunto coa artista o concerto que será o mércores 21 en Santiago 

Máis de medio de centenar de músicos acompañarán á cantante durante unha actuación que tamén se retransmirá en directo  

As entradas estarán a venda desde o luns no portal web enterticket.com por un prezo de 19€


A artista Luz Casal actuará o vindeiro mes de xullo acompañada pola Real Filharmonía de Galicia no marco da programación cultural impulsada pola Xunta de Galicia con motivo do Xacobeo 21-22

Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela 

  A artista Luz Casal actuará o vindeiro mes de xullo acompañada pola Real Filharmonía de Galicia no marco da programación cultural impulsada pola Xunta de Galicia con motivo do Xacobeo 21-22. Así o anunciaron hoxe, acompañados pola artista, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quenes precisaron que o concerto terá lugar o mércores día 21 na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela e será retransmitido en director.

 No acto de presentación, o responsable de Cultura salientou que a colaboración de Luz Casal coa Real Filharmonía de Galicia suporá "un salto de calidade na oferta do Ano Santo ofrecendo un espectáculo único do que poderán desfrutar tanto os galegos e visitantes como aqueles que estean na súa casa grazas ás novas tecnoloxías". Do mesmo xeito, celebrou que a boa evolución sanitaria permita dar novos pasos na reactivación cultural e salientou que para Galicia "é un orgullo contar con embaixadores como Luz Casal para afianzar a imaxe da nosa Comunidade como unha referencia no sector cultural". 

 “Luz Casal é unha das voces máis destacadas do panorama musical galego, unha profesional cunha sólida traxectoria que é recoñecida en todo o mundo”, afirmou Román Rodríguez antes de referirse á cantante como “un exemplo dunha artista que sabe renovarse e reinventarse para dar o mellor de si mesma continuamente”.  

 Nesta ocasión, a cantante de Boimorto estará acompañada por máis de medio centenar de músicos que ofrecerán unha actuación que permitirá que, tanto os presentes como os que sigan o concerto desde internet, viaxen a través da súa voz desfrutando dunha “oportunidade única para vivir á cultura e agradecerlle en persoa a Luz Casal todo o que leva feito por Galicia e pola nosa música desde o inicio da súa carreira”.  

 Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou que tanto con este concerto, como co resto da programación, “estamos a espallar a celebración deste excepcional Ano Santo dobre por todo o territorio, apoiando ao sector cultural tan duramente golpeado pola crise, e facéndoo con sentidiño e da man dos profesionais do sector”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario