28 de xuño de 2021

COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

O AECT RIO MIÑO REUNIRÁ A ALTOS CARGOS DE COOPERACIÓN IBÉRICA EN ESPAÑA E PORTUGAL PARA DEBATER SOBRE OS RETOS DA FRONTEIRA   

· O encontro celebrarase este martes 29 en Vila Nova de Cerveira co obxectivo de abordar, entre outras cuestións, o impulso que debe recibir o territorio miñoto logo do peche da fronteira pola COVID-19  

· Estarán presentes as secretarias de Reto democráfico e Fondos Europeos pola parte española e a ministra de Coesão e a secretaria de Función Pública e Valorização do Interior por parte lusa, ademais do presidente da Xunta e outras autoridades   


Infogauda / O Baixo Miño

 O AECT Río Miño, xunto ao Goberno portugués, reunirá mañá en Vila Nova de Cerveira a altos cargos de ambos estados relacionados coa cooperación ibérica e coa xestións dos fondos europeos -ademais das máximas autoridades galegas e da rexión Norte de Portugal- co fin de abordar os retos da fronteira para os vindeiros anos.   

 A xornada está plantexada como un ‘Encontro de Cooperación Transfronteiriza’ no que haberá unha primeira parte de partilla de experiencias e boas prácticas e unha segunda na que se debaterá sobre os desafíos futuros. Entre outros, un  dos aspectos que se pretende tratar é o impulso que deben recibir os territorios raianos, entre eles o territorio miñoto, logo das consecuencias negativas do peche das fronteiras a causa da crise sanitaria da COVID-19.  

 O encontro plantéxase nun momento crucial no que o AECT Río Miño está inmerso na captación de fondos europeos para a rexeneración da actividade socioeconómica da zona do Miño, gravemente golpeada durante o último ano e medio. Na reivindicación do agrupamento está o destino de fondos específicos para a área debido tanto ás perdas de empresas como de persoas traballadoras, así como que os fondos destinados á rexeneración das fronteiras se invistan realmente nos territorios transfronteirizos en lugar de deturparse noutras rexións.  

 Na sesión de apertura tomarán a palabra o secretario de Estado de Política Territorial e Función Pública (España), Víctor Francos; o  director do AECT Rio Minho, João Fernando Brito Nogueira; o embaixador de Portugal en España, João Mira-Gomes; a  embaixadora de España en Portugal, Marta Betanzos Roig; e a secretária de Estado da Valorização do Interior (Portugal), Isabel Ferreira.  

 A parte de ‘Desafíos futuros’ será moderada polo integrante do Grupo de Trabalho da Estratégia Comum de Desenvolvimento Transfronteiriço (ECDT) da Universidade do Porto, José Alberto Rio Fernandes. Este dará paso á conferencia sobre a ‘Estratexia Común de Desenvolvemento Transfronteiriço (ECDT)’, impartida polo secretario Xeral de Reto Demográfico (España), Francesc Boya Alós, ao que seguirán  o presidente do Conselho Diretivo da Agência para o Desenvolvimento e Coesão, IP (Portugal), Nuno Oliveira dos Santos e a secretaria Xeral de Fondos Europeos (España), Mercedes Caballero Fernandez, que falarán sobre ‘A importancia dos próximos programas de cooperación territorial transfronteiriza’. Tamén participarán, achegando as ‘Visións rexionais’ o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo Aller e o vice-Presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, Beraldino Pinto.   

 Na parte de intercambio de experiencias, na que exercerá de  moderador o integrante do Grupo de Trabalho da Estratégia Comum de Desenvolvimento Transfronteiriço (ECDT) da Universidade de Aveiro, Miguel Viegas, o vicedirector do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, exporá o traballo realizado coa marca turística ‘Rio Minho’.   

 Participarán tamén expoñendo o ‘Programa IACOBUS’ o responsable do AECT Galiza- Norte de Portugal, Xosé Lago; falará sobre ‘TUT - Transporte Urbano Transfronteirizo’ o integrantes da Eurocidade Chaves- Verín, Nuno Vaz; abordará o ‘Territorio Museo’, o integrante da Eurocidade do Guadiana, Luís Romão; exporá o proxecto ‘Zasnet - Meseta Ibérica’ Hernâni Dias, do AECT Zasnet; falará sobre o ‘Cluster da Educación da Cencyl’ Cristina Oliveira, da Comunidade de Trabalho Rexión Centro de Portugal - Castela e León; abordarase o ‘Proxecto AGROPOL’ da Comunidade de Traballo da Eurorrexión Alentejo-Centro-Extremadura, a cargo de Teresa Jorge e Clara Lourenço; e finalmente falarase sobre ‘Turismo Activo e os eixos fluviais: exemplo de Douro-Duero’ con representante da AIMRD - Associação Ibérica de Municípios Ribeirinhos do Douro, Jesús Rivas Rojo.  

 O encontro terá lugar en formato mixto no Cineteatro Marreca Gonçalves, en Vila Nova de Cerveira mañá martes 29 de xuño. Comezará ás 10.30 (hora galega) e pódese seguir de maneira telemática na canle de Youtube do AECT Río Miño. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario