A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará A Guarda en xullo
• Estará instalada diante do Centro Cultural o venres día 2 e o sábado día 3 dese mes
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará A Guarda no mes de xullo. Como vén sendo costume, este autobús estará emprazado na rúa Rosalía de Castro (fronte o Centro Cultural da vila) o venres día 2, de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado día 3 de 10:00h ás 15:00h.
Grazas a estas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadás, o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar hai que agardar 2 horas. Non esqueza levar consigo a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. Para doar é desexable solicitar cita previamente, no telefono gratuíto 900 100 828.
Ningún comentario:
Publicar un comentario