17 de xuño de 2021

A GUARDA

Este ano á noite de San Xoán non terá fogueiras públicas 

Debido á situación sanitaria, este ano só se permitirán fogueiras en espazos privados, previa solicitude particular e cun aforo máximo de 15 persoas


Porta de acceso as dependencias da Policia Local de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda   

 O equipo de goberno municipal do Concello de A Guarda vén de facer público no día de hoxe, o seguinte comunicado:

 "Ante a proximidade da celebración da Noite de San Xoán, dende a Policía Local da Guarda infórmase que todos aqueles que desexen facer unha fogueira deberán solicitar o permiso nas súas oficinas da Praza do Reló. 

 Este ano e, debido á situación sanitaria, só se permitirán fogueiras en espazos privados, previa solicitude particular e cun aforo máximo de 15 persoas. 

 Ademais, póñense a disposición dos guardeses e guardesas que teñan dúbidas sobre como e onde se poderán facer estas fogueiras. 

 Dende o Concello da Guarda agradécese a colaboración de todos os veciños e veciñas da vila para entre todos desfrutar da noite e facer dela unha festa segura".

Ningún comentario:

Publicar un comentario