18 de xuño de 2021

A GUARDA

ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIAS/OS ANO 2021 

 


  A Xunta Directiva da Asociación Érguete Baixo Miño convoca a todas/os as/os socias/os a participar na Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o venres día 25 de Xuño de 2021, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, no local social respectando o protocolo COVID-19, e que contará coa seguinte     

ORDE DO DÍA:  

1º Aprobación se procede, da Acta da Asemblea Xeral Ordinaria 2020  

2º Aprobación se procede, das Contas anuais do exercicio 2020  

3º Aprobación se procede, do Orzamento Económico do exercicio 2021  

4º Aprobación se procede, Memoria Actividades 2020  

5º Aprobación se procede, Plan de Traballo 2021  

6º Rogos e preguntas.     

 Para calquera aclaración poden contactar nos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376, no local da Asociación (rúa Colón, 20 –Edificio O Pescador 1º piso - A Guarda, Pontevedra) ou no correo electrónico info@erguete.org          

 A Xunta Directiva   

Ningún comentario:

Publicar un comentario