14 de xuño de 2021

A GUARDA

Concentración silenciosa fronte ao Concello da Guarda contra as violencias machistas


Casa do Concello de A Guarda
  

Infogauda / A Guarda

 Na mañá de hoxe, recibimos na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, o seguinte comunicado:

 "O Concello da Guarda únese hoxe luns días 14 de xuño á convocatoria lanzada dende a FEMP pola consternación ante o fatídico desenlace das pequenas Anna y Olivia.  

 Dende que se comezaron a coñecer os resultados da investigación que confirmaban que sucedera o que se temía, todos sen excepción sentímonos atacados e todos sen excepción puxémonos no lugar de Beatriz, a nai, e no da súa familia e amizades.   

 Desgraciadamente, o terrible suceso das nenas en Tenerife no foi o único nas últimas horas co mesmo denominador común: a violencia machista. Ademais de Anna e Olivia, Rocío, en Estepa, Sevilla, 17 anos. E uns días atrás, non fai nin un mes, cinco mulleres asasinadas, unha delas embarazada, e un neno asasinado tamén en apenas unha semana.     

 Por todas elas, reunámonos en silencio fronte ao Concello este luns 14 de xuño as 13:00h".     

Ningún comentario:

Publicar un comentario