CONCENTRACIÓN PARA REXEITAR A INTENCIÓN DE ELIMINAR Á PRAZA DE CELADOR/A A DOBRADA
· A mobilización terá lugar este xoves 27 de maio ás 11:30 horas diante do centro de saúde da Dobrada
A federación de Saúde da CIG de Vigo convoca unha concentración para rexeitar a intención da Xerencia da área sanitaria de eliminar unha praza de celador/a no centro de saúde da Dobrada. Dende a central sindical denuncian que o Sergas vai aproveitar a xubilación dunha celadora para reconvertir a praza en persoal de servizos xerais.
A mobilización terá lugar este xoves 27 de maio ás 11:30 horas diante do centro médico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario