18 de maio de 2021

TURISMO

A Xunta de Galicia destina 320.000€ en axudas a 40 establecementos de hostalaría do sur da provincia de Pontevedra para acondicionar as terrazas e favorecer as vendas a domicilio  

O delegado territorial, Luis López, informou destas achegas, orientadas a dar a máxima seguridade sanitaria e favorecer o impulso do sector, nunha visita realizada este mediodía ao restaurante Marusía de A Guarda

Estas subvencións están destinadas á instalacións de peches, compra de mobiliario, adaptación de espazos exteriores e adquisición de envases e o seu orzamento cuadriplicouse ata alcanzar os 11 millóns de euros en toda Galicia  

O Goberno galego aprobou 13 axudas a locais de Tui, 7 no caso da Guarda e Tomiño, 5 en Ponteareas, 2 en Oia e tamén en Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra, A Cañiza, Covelo e Arbo


Mª Emilia Vicente Goyás, propietaria do restaurante Marusía, de A Guarda, conversa con Luis López Diéguez, delegado territorial da Xunta de Galicia, en presenza de Roberto José Álvarez Carrero e Óscar Alonso Álvarez, concelleiros na Corporación Municipal de A Guarda
Fotos: X.G.


Infogauda / A Guarda

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López Diéguez, vén de informar que o Goberno galego acaba de aprobar axudas por importe de 320.000 euros para 40 establecementos de hostalaría do sur da provincia, pertencentes ás bisbarras do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta, para o acondicionamento de terrazas e o impulso das vendas a domicilio no marco das medidas paliativas para o sector fronte á crise sanitaria da covid-19. 

 

O delegado territorial da Xunta e os concelleiros que o acompañan dialogan coa propietaria do restaurante no interior do seu establecemento

 O representante autonómico revelou as achegas nunha visita ao restaurante Marusía, no Concello de A Guarda, que é un dos beneficiarios desta orde de axudas, coa que se pretende dotar da máxima seguridade á hostalaría, xa que a mesma está orientada á instalación, reforma e pechamento de terrazas, compra de mobiliario, adaptación de espazos exteriores e adquisición de elementos de envasado para o servizo a domicilio.  

 A distribución de achegas nas bisbarras do sur da provincia é a seguinte:


Concello

Nº Beneficiarios

Investimentos

Axudas da Xunta

Tui

13

87.032€

69.627€

Tomiño

7

100.597€

80.477€

A Guarda

7

62.131€

49.704€

Oia

2

8.500€

6.800€

Ponteareas

5

25.905€

20.724€

Salvaterra

1

13.391€

10.712€

Mondariz

1

16.287€

13.030€

Mondariz-Balneario

1

24.750€

19.800€

A Cañiza

1

24.237€

19.390€

Covelo

1

23.695€

18.956€

Arbo

1

14.000€

11.200€

TOTAL

40

400.525€

320.419€

 

 Deste xeito, a Xunta, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, impulsou esta liña, que incluía apoios de ata o 80% do investimento a realizar, cifrados entre os 1.500 e os 25.000 euros, para pemes e autónomos con ata 50 traballadores. 

 “Esta medida, de gran importancia xa que axuda á conferir seguridade sanitaria aos establecementos e a impulsar as súas vendas, tanto no local como a domicilio, nun momento especialmente complicado pola covid-19, espertou un gran interese e moita demanda por parte do sector da hostalaría, o que demostra que as liñas da Xunta están indo en consonancia coas necesidades desta actividade económica”, explicou Luis López, que revelou que inicialmente orzamentouse unha partida de 3 millons de euros para estas achegas pero, ante a elevada cifra de solicitudes, tivo que cuadriplicar o seu crédito ata alcanzar os 11 millóns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario