18 de maio de 2021

PONTEVEDRA

Maica Larriba presenta Import@ss, o novo portal da  Tesourería Xeral da Seguridade Social 

· Permite realizar ata 40 trámites desde o teléfono móbil, o ordenador ou a tableta 

A subdelegada do Goberno presentou hoxe nun encontro cos medios e  xunto ao director provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social,  Juan Herrera, a nova ferramenta

Foto: S.de G.


Infogauda / Pontevedra

 A subdelegada do Goberno en Pontevedra,  Maica Larriba, mantivo esta mañá un encontro coa prensa para presentar  Import@ss, o novo portal de transparencia da Tesourería Xeral da Seguridade Social. Acompañou á subdelegada o director provincial da Tesourería Xeral da  Seguridade Social, Juan Herrera. 

 Este novo portal web, que está dispoñible en todo tipo de dispositivos –móbiles,  tabletas e ordenadores- permite obter información, consultar situacións concretas e  datos, e realizar trámites en liña dunha maneira fácil e sinxela.  

 A subdelegada quixo destacar que o “Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e  Migracións está a ser pioneiro na aplicación de novas canles de comunicación. Algo  fundamental na nova relación entre a administración pública e a cidadanía”.  

 A nova web, que organizouse distinguindo dous partes, conta cunha páxina principal de acceso público e unha área persoal. Na páxina principal é posible  atopar toda a información necesaria para realizar calquera trámite ou xestión coa Tesourería Xeral da Seguridade Social. Larriba indicou que, entre outros, “nesta  zona pódense obter a vida laboral, o número da Seguridade Social, xestionar un  alta no Réxime de autónomos ou dar de alta a un empregado ou empregada do  fogar”.  

 Na área persoal, unha vez que se accede cos medios de identificación habilitados,  “calquera traballador ou traballadora, independentemente da súa situación laboral, pode visualizar todos os seus datos e coñecer a súa situación actual, a súa vida  laboral ou outras situacións específicas”, explicou a subdelegada.  

 Dentro dos 40 trámites que o portal facilita dedicouse un apartado moi especial  para ás persoas que traballan ou empregan no ámbito do fogar. Ademais incluíuse un simulador que calcula a cota mensual que se pagaría ao dar de alta a un  traballador ou traballadora do fogar, só indicando quen realizará o alta, os datos da  xornada e o salario mensual máis as pagas extra.

 Larriba subliñou que “este portal será unha mellora moi importante para os 8.285  traballadores e traballadoras do fogar que existen na provincia e os 9.592  empregadores. Como observan polos datos hai máis empregadores que  empregados porque en moitos casos os seus contratos son por horas ou media  xornada”.  

 O novo portal supón un cambio radical na forma de relación co cidadán, desde a  linguaxe administrativa ata o deseño dos servizos para que estes sexan máis áxiles  e sinxelos. En definitiva, “un proxecto que situou as persoas no centro, co obxectivo  de eliminar as barreiras de acceso que distancian a cidadanía deste tipo de  procesos”, concluíu a subdelegada do Goberno.  

 Pola súa banda, o director provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social incidiu nun proxecto que é “accesible, claro, sinxelo e personalizado”. Juan Herrera  explicou que se ben, ata agora, a Tesourería contaba cun amplo catálogo de  servizos electrónicos dirixidos aos empregadores, “con esta nova ferramenta, centrada na cidadanía, pretendemos achegarnos aos autónomos, empregados do  fogar e cidadáns co obxectivo de aumentar o uso dos servizos dixitais”. Neste  sentido, o director provincial destacou que é posible realizar case todos os trámites  xa a través de Internet e dun xeito moi sinxelo. “En tan só 6 minutos e desde a nosa  casa podemos dar de alta a unha persoa empregada no fogar”, destacou. Esta é  unha das xestións máis demandas nas oficinas provincias, xunto á expedición de  certificados dixitais e a firma de convenios especiais.  

 Por último, Herrera realizou un chamamento á cidadanía da provincia para que  faciliten o seu teléfono á Tesourería Xeral da Seguridade Social, un trámite  necesario e moi útil, xa que permite recibir avisos e acceder a Import@ass, entre  outros. Para dar de alta o teléfono móbil é necesario chamar ao teléfono gratuíto 915410291. Na actualidade, o 72 % dos empregados e o 71 % dos empregados do  fogar da provincia xa proporcionaron o seu número de contacto á Tesourería.

Ningún comentario:

Publicar un comentario