11 de maio de 2021

TUI

A Xunta de Galicia inicia as obras de execución dunha senda peonil na estrada autonómica PO-404 no concello de Tui  

Os traballos supoñen un investimento autonómico superior aos 32.000 euros e contan cun prazo de execución de 2 meses


Estase a construír un treito de senda de 60 metros de lonxitude
Foto: X.G.

A intervención permite prolongar a senda construída na glorieta de acceso á depuradora de Guillarei, executada pola Xunta cun investimento de 263.000 euros  

Estase a construír un treito de senda de 60 metros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 1+760 e 1+820, cun ancho mínimo de 1,5 metros  

A Xunta continúa traballando na mellora das estradas autonómicas co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade

Infogauda / Tui

 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou a execución das obras dunha senda peonil na estrada PO-404, entre os puntos quilométricos 1+760 e 1+820, no concello de Tui.

 A intervención conta cun investimento de 32.400 euros e cun prazo de execución de 2 meses.

 Esta actuación permitirá prolongar a senda no perímetro da glorieta da intersección da estrada autonómica co viario de acceso á depuradora de Guillarei, salvando un punto da estrada especialmente estreito. Esta glorieta foi executada pola Xunta no ano 2019, cun investimento de preto de 263.000 euros.

 Estase a construír un treito de senda de 60 metros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 1+760 e 1+820, cun ancho mínimo de 1,5 metros.

 A intervención, que se executa no dominio público existente, inclúe un muro e sostemento dunha altura media de 1,5 metros.

 O departamento que dirixe Ethel Vázquez, continúa traballando na mellora das estradas autonómicas co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario