31 de maio de 2021

TOMIÑO

O Concello de Tomiño saca a licitación a explotación da cafetería do Espazo Fortaleza por un prazo de dous anos  

· A convocatoria completa pode consultarse no Perfil do Contratante da páxina web municipal e o prazo para a presentación de ofertas permanecerá aberto ata o día 11 de xuño

  

Espazo Fortaleza, en Goián (Tomiño)

 Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño vén de sacar por segunda vez a licitación a explotación da cafetería do Espazo Fortaleza de Goián. Trátase dun espazo equipado convenientemente cun canon base de licitación fixado en 1.210,00 euros (IVE incluído) para un prazo de aluguer de 2 anos.  

 A convocatoria completa pode consultarse no Perfil do Contratante da páxina web municipal e o prazo para a presentación de ofertas permanecerá aberto ata o día 11 de xuño.  

 Para resolver dúbidas ou obter máis información, pódese chamar ao Concello de Tomiño no 986 62 20 01/03 e contactar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario