O Concello mellorou á accesibilidade ao Conservatorio Elemental de Música de A Guarda
· A actuación consistiu na adaptación á normativa vixente do ascensor deste espazo
O alcalde de A Guarda e o concelleiro delegado do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda, supervisaron os traballos, acompañados dun técnico da empresa contratada
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de rematar as melloras na accesibilidade no inmoble onde está ubicado o Conservatorio Elemental de Música de A Guarda. A actuación consistiu na adaptación á normativa vixente do ascensor deste espazo e que dende hoxe mesmo poderán empregar os usuarios con problemas de mobilidade.
Desde o equipo de goberno local indican que "realizouse unha importante revisión no elevador existente para adaptalo ás novas normativas de seguridade vixentes e que permitirán o seu uso con todas as garantías".
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e o concelleiro delegado do Conservatorio de Música, Rafael Álvarez Martínez, realizaron unha visita ao conservatorio para ver as novas actuacións de accesibilidade realizadas neste espazo xunto cos técnicos da empresa encargada destas tarefas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario