11 de maio de 2021

TOMIÑO

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase a Tomiño

O xoves día 20 de maio, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas, estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro  




Infogauda / Tomiño

 A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase ao concello de Tomiño o próximo xoves 20 de maio. Estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro e o horario para as doazóns será de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas.  

 É importante almorzar antes de doar no caso de asistir en horario de mañá e esperar dúas horas despois de xantar no caso de asistir en horario de tarde. É importante non esquecerse de levar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de estar tomando algún medicamento.  

 Desde a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos lembran que nunha situación como a actual, onde é necesario gardar certas prevencións sociais para preservar a saúde de todos, é recomendable contar con cita previa para repartir a afluencia de doadores, evitando esperas. A cita previa pode solicitarse por teléfono a través do 900 100 828. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario