Amelia Tiganus presenta a escolares da Guarda o cómic “Historia dunha loita”
• O cómic basease nunha historia real que narra o verdadeiro rostro da prostitución desde a óptica de Amelia Tiganus
Infogauda / A Guarda
Os días 12 e 19 de maio, alumnado de 1º de Bacharelato do IES A Sangriña participará na presentación do cómic “Amelia: historia dunha loita”.
Esta actividade, organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) de A Guarda, realizarase en horario de tarde no Centro Cultural de A Guarda, onde Amelia Tiganus, realizará esta presentación a través de videoconferencia.
“Amelia: historia dunha loita” baséase nunha historia real que narra o verdadeiro rostro da prostitución desde a óptica de Amelia Tiganus. Este proxecto nace en forma de cómic xa que ler unha historieta ofrece un acceso inmellorable a un determinado grupo da poboación máis moza que, co emprego doutros medios máis tradicionais, veriamos comprometido o obxectivo principal de chegarlles directamente e sen recelos, sendo un instrumento ideal para conectar da maneira más eficiente con este público.
Amelia Tiganus estivo na Guarda hai dous anos participando nun relatorio dirixido ao público en xeral que se desenvolveu de forma presencial e agora, para completar esta acción, desde o CIM de A Guarda decidiuse centralo na poboación máis nova a través da presentación deste cómic.
Amelia Tiganus (Galati - Rumanía, 11 de marzo de 1984) é unha activista feminista abolicionista, supervivinte de trata. Ademáis de ser formadora en varios cursos de sensibilización e prevención da prostitución e da violencia sexual, é sobor de todo, unha boa persoa que actualmente vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo, desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.
Trátase dunha actividade financiada polo Pacto de Estado con cargo á asignación recibida do Ministerio de Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género.
O CIM de A Guarda adquiriu tamén exemplares do cómic “Amelia: historia dunha loita”, para repartir de forma gratuíta entre as bibliotecas dos centros educativos de A Guarda con alumnado de educación secundaria, Bacharelato e FP, así como para o punto lila da Biblioteca Pública Municipal de A Guarda.
· Vídeo da presentación do cómic “Amelia: historia de una lucha”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario