A “avoa de Oia”, Purificación Granja, cumpre 105 anos
· A alcaldesa e a tenente de alcalde, visitárona esta mañá
Purificación Granja celebrou un ano máis de vida, rodeada da súa familia e coa visita da alcaldesa e da tenente de alcalde do Concello de Oia
Foto: C.O.
Infogauda / Oia
Purificación Granja Valverde, a muller máis lonxeva de Oia, cumpre hoxe os 105 anos, un aniversario que celebra esta mesma fin de semana rodeada da súa familia: ten 4 fillos, 6 netos e 11 bisnetos.
Como agasallos, o Concello de Oia entregoulle á veciña centenaria un ramo de flores e unha torta, presentes que a señora Pura recibiu cun sorriso e facendo gala do bo ánimo que a caracteriza.
A alcaldesa, Cristina Correa Pombal, e máis a tenente de alcalde, Carmen María Estévez Adrover, visitaron esta mañá á “avoa de Oia” para felicitala e facerlle entrega dos presentes. Neste día tan especial, as representantes do Concello transmitíronlle á homenaxeada o agarimo e bos desexos de toda a veciñanza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario