11 de maio de 2021

OIA

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia en contra do parque eólico na Serra da Groba

Gerardo Rodríguez Refojos, do PSdeG-PSOE no Concello de Oia:  totalmente inaceptable que por parte da Xunta de Galicia non se tivese en conta aos veciños nin aos comuneiros en decisión tan importantes como estas"


Gerardo Rodríguez Refojos, concelleiro portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia

Infogauda / Oia

 O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia vén de facer público que amosa a súa "postura contraria á instalación do parque eólico previsto na Serra da Groba, ao mesmo tempo que se declara a favor das enerxías renovables, pero non a calquera prezo, co desfeita do patrimonio natural, paisaxístico, e do hábitat de numerosas especies de flora e fauna, como sería o caso do que se pretende instalar na Serra da Groba". 

 Do mesmo xeito, "o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE insta ás comunidades de montes do Concello de Oia a que se posicionen públicamente se están a favor ou en contra destas instalacións, xa que ata o momento a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Oia é a única que se ten posicionado". 

 Gerardo Rodríguez Refojos, portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia  totalmente inaceptable que por parte da Xunta de Galicia non se tivese en conta aos veciños nin aos comuneiros en decisión tan importantes como estas".

Ningún comentario:

Publicar un comentario