28 de maio de 2021

MOBILIDADE TRANSFRONTEIRIZA

O PARQUE DA AMIZADE TRANSFRONTEIRIZO DE TOMIÑO-VILA NOVA DE CERVEIRA, DE PRESENTACIÓN OFICIAL ESTE SÁBADO  

· Ao acto asistirán, ademais das autoridades provinciais, a ministra de Coesão e a secretaria de estado para a Valorización do Interior de Portugal, o vicepresidente da Xunta e varios directores xerais  

· Proxectarase un vídeo cunha realidade virtual nunha pantalla xigante  


Infografía da ponte peonil ciclable entre Goián e Vila Nova de Cerveira

Fonte: Burgos & Garrido Arquitectos
 

Infogauda / Goián (Tomiño)

 O Parque da Amizade transfronteirizo de Tomiño-Vila Nova de Cerveira presentarase oficialmente este sábado. Será nun acto que contará  co respaldo da presidenta e o deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego e Uxío Benítez Fernández, así como da Ministra da Coesão do goberno portugués Ana Maria Pereira Abrunhosa; o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal (CCDR-N), António Augusto Magalhães; vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela;  a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba García, e que estará conducido pola alcaldesa de Tomiño Sandra González Álvarez e o presidente da câmara municipal de Vila Nova de Cerveira João Fernando Brito Nogueira.  

 As autoridades da parte portuguesa chegarán ao auditorio da Fortaleza de Goián, xusto á beira do río, en barco dende a parte lusa para, ás 12.15 horas, comezar a presentación. No evento incluirase a proxección nunha pantalla de grandes dimensións dun vídeo ilustrativo dos obxectivos do parque que contén imaxes de realidade virtual de como será a nova ponte peonil e ciclable que permitirá que o parque transfronteirizo sexa unha realidade.  

 Tanto o proxecto do parque como o da ponte contan con financiamento europeo, con cargo á primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP) 2014-2020.   

 O acto será retransmitido en directo a través da web e do Twitter da Deputación de Pontevedra. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario