28 de maio de 2021

MIÑO TRANSFRONTEIRIZO

Alén do Miño / Além do Miño 

Axenda Ocio-Cultural do Val do Miño 




Alén do Miño/ Além do Minho

 Nace Alén do Miño/ Além do Minho, un proxecto transfronteirizo que pretende erguerse como a cuarta ponte para a poboación do Val do Miño en forma de axenda de ocio-cultural. 

 O Baixo Miño e parte do Alto Minho luso hai tempo que conviven como unha comunidade.  

 As actividades que se realizan a un e a outro lado da raia non están limitadas pola  fronteira senón máis ben pola falta de coñecemento de que estas estean a acontecer. Así  xorde a necesidade de crear Alén do Miño/ Além do Minho, unha axenda cultural e deportiva que abrangue a zona fronteiriza do val do Miño. A través de cinco apartados, apóstase pola información de eventos, exposicións, cursos,  deportes e lecer da nosa contorna. Os nove concellos presentes na páxina son os de Oia,  A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui da banda galega e da banda portuguesa están Valença do Minho,  Paredes de Coura, Vila Nova de Cerveira e Caminha. Así, un territorio de máis de 100.000 habitantes poderán consultar nunha soa páxina todas as actividades que acontezan na  súa contorna.  

 Camiñamos devagar pero temos a intención de dar voz a todos, polo que as asociacións e clubes deportivos que ofrezan cursos ou programen poden porse en contacto con nós  para aparecer na páxina a través do correo: info@alemdominho.com. Tamén estamos presentes en redes sociais, poden atoparnos en Facebook e Instagram.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario