CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓNS EN REXEITAMENTO AO ERE NO BBVA
Este mércores 19 de maio, ás 18:00 horas
Infogauda / Galiza
A CIG, xunto co resto de organizacións con representación no BBVA, ten convocada para mañá, mércores 19 de maio, unha nova xornada de mobilizacións en rexeitamento ao ERE e ao peche de oficinas que pretende aplicar a entidade e que en Galiza suporá cerrar 26 sucursais e extinguir 122 empregos, entre despedimentos e baixas incentivadas.
As concentracións realizaranse ás 18:00 horas, diante das seguintes oficinas do BBVA:
• A Coruña: Cantón Pequeno, 18
• Compostela: Rúa da Senra, 3-5
• Vigo: Rúa de García Barbón, 2
• Ourense: Rúa do Paseo, 18
• Lugo: Rúa da Raíña, 1
Ademais, CIG, ELA, LAB, SCAT, SEC e CGT teñen convocada folga na entidade para o mércores da próxima semana, 26 de maio, para esixir a retirada do ERE e defender o mantemento dos empregos e das condicións laborais, así como a prestación dos servizos á clientela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario