12 de maio de 2021

DEPORTES

JUDO

VERÓNICA PÉREZ PACHECO, CAMPIOA DE GALICIA JÚNIOR

· Na categoría de 57 kg

NOA GONZÁLEZ DA COSTA EVANGELISTA, MEDALLA DE BRONCE

· Na categoría de 70 kg


Verónica Pérez Pacheco, na parte superior do podio, co seu trofeo de campioa de Galicia
 Noa González Da Costa Evangelista, logrou medalla de bronce e compartin podio


Informa (fotografías e Redacción): Clube de Judo Baixo Miño / A Guarda

 Bos resultados no campionato galego júnior para os judokas do  Clube de Judo Baixo Miño celebrado o pasado domingo en Santiago de Compostela. 

 Despois de tantos meses sen competicións e adestrando con moitas restricións o que  queremos resaltar é o traballo que fixeron os nosos  judokas todo este tempo de Covid-19. 

 Os resultados son: 

· Verónica Pérez Pacheco, ouro na categoría de 57kg.

· Noa González Da Costa Evangelista, bronce na categoría de 70 kg.

· Carla Lomba Quintas, 5º posto da súa categoría.

 Saray Vicente, Pablo Cadilla, Martin Souto e Víctor Adrover, tiveron unha boa participación sen poder chegar ao podium. 

 Agradecer o traballo dos dous adestradores que acompañaron á deportistas: Elena Cañibano e Saúl Álvarez. 

 Parabén a todos e sorte nos próximos compromisos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario