31 de maio de 2021

A GUARDA

A Aula CeMIT de A Guarda informa da apertura do prazo para o curso de teleformación

Para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX)




Infogauda / A Guarda

 A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ten previsto abrir o vindeiro xoves día 3 de xuño o prazo de inscrición no curso de  teleformación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recollerá - segundo vén de comunicar o equipo de goberno do Concello de A Guarda - na convocatoria que ten previsto saír publicada o próximo mércores día 2 de xuño no Diario Oficial de Galicia, con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar a finais do mes de novembro.  

 Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuarios da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame -ou xustificar a súa exención-, tendo preferencia as persoas que non se matricularan na edición inmediatamente anterior desta actividade formativa convocada no pasado mes de setembro.  

 O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a Internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.  

 Toda a información premendo eiquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario