O Concello de A Guarda avanza no seu Plan de Compostaxe Municipal
Infogauda / A Guarda
Co inicio da colaboración entre a mestra composteira e a Asociación San Xerome Emiliani, o Plan de Compostaxe do Concello de A Guarda deu esta semana un paso máis cara a súa paulatina implantación.
Esta colaboración arrancou, na semana da compostaxe, cunha actividade de separación de residuos que tivo lugar na finca das Mercedes (A Gándara), co obxectivo de despexar as posibles dúbidas de separación para a reciclaxe que o persoal do centro poida ter.
A seguinte actividade irá enfocada á compostaxe e consistirá na formación inicial na materia impartida pola técnica municipal e no acopio de material vexetal procedente do mantemento dos parques e xardíns. O persoal do centro de xardinería será o encargado de facer o aprovisionamento para formar con el pilas de compostaxe.
Unha vez creadas as pilas realizarase un seguimento das mesmas para controlar os parámetros do proceso. Un control e manexo adecuado das pilas permitirá a obtención dun compost de calidade, que o persoal de xardinería poderá empregar nas zonas verdes que xestiona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario