6 de maio de 2021

A GUARDA

O BNG CONSIDERA INAPRAZÁBEL A REFORMA DA PISCINA 

E DEMANDA QUE SE ESTUDIE A POSIBILIDADE DA SÚA MUNICIPALIZACIÓN  

Anxo Lois Baz (portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda): “A piscina é un servizo fundamental e non se pode poñer en perigo a súa continuidade.Urxe  abordar a súa reforma integral e estudar a posibilidade da súa municipalización” 

Anxo Lois Baz Vicente e Beatriz Lomba Rodríguez, concelleiros do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda
 

 Infogauda / A Guarda

 No pleno celebrado no día de hoxe, a concelleira do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda, Beatriz Lomba Rodríguez que foi a encargada de defender a posición do BNG neste asunto manifestou: “Somos plenamente conscentes que o paso dos anos deteriorou esta infraestructura, pero tamén de que o mantemento non foi precisamente exemplar, así o reflicte a propia auditoría técnica encargada polo Concello”.   

 Despois  de mostrar a súa posición crítica polo deterioro ao que se lle deixou chegar a piscina, a nacionalista foi enunciando as propostas do BNG que se resumen en catro puntos: 

 · Acometer un proxecto de reforma integral onde se atendan tanto as carencias arquitectónicas do edificio como aquelas de carácter enerxético que fagan viábel o futuro da piscina.  

· Facer un estudio comparativo que determine se é máis vantaxoso para o Concello e para os usuarios a municipalización do servizo ou facer unha nova licitación.  

· Determinar as posibeis neglixencias co mantemento das instalacións para o que esixiu o libro oficial de mantemento e coñecer a  fiscalización que deste mantemento tiña obriga de levar o Concello.  

· Facer unha auditoría externa para estimar a cuantía real do reequilibrio económico que demanda a empresa, aspecto este compartido polo grupo de goberno.  

 Pola súa parte, o portavoz municipal do BNG, Anxo Lois Baz Vicente manifestou: “A piscina é un servizo fundamental para A Guarda e non se pode poñer en perigo a súa continuidade. Urxe  abordar a súa reforma integral e estudar a posibilidade da súa municipalización”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario