7 de maio de 2021

A GUARDA

Abertas as inscricións para a obra de teatro “32m2 – Unha xira confinada” 

O espectáculo de ButacaZero chegará a vila, o sábado 15 de maio ás 20:00 horas no Centro Cultural 



Infogauda / A Guarda

 O vindeiro sábado día 15, ás 20:00h no Centro Cultural, continúa a programación do mes de maio coa posta en escea de “32M2 – Unha xira confinada”. Esta obra de teatro, creada pola plataforma ButacaZero, trata sobre o absurdo do confinamento, coa finalidade de provocar nos asistentes unha catarsis colectiva ante un acontecemento que ten marcado, e marcará, a vida da sociedade. Unha comedia de enredo sobre a nosa realidade máis recente coa que público sentirase seguramente identificado.  

 O prazo para a reserva de entradas está aberto xa dende este venres 7 de maio a través do correo electrónico centrocultural@aguarda.es

 Aforo limitado e protocolo covid19. 

Sinopse: 

 Mar e Xan son unha parella fóra do común, coma todas. Viven tan tranquilamente no seu pisiño de 32m². A vida pasa e o mundo xira, volta e volta, coma un filete. Pero un día, o mundo esmendréllase. O que era unha Nación convértese nunha HiberNación e hai que facer todo o que di Simón. Mar non recoñece a súa vida. Xan non recoñece á súa parella. O mundo redúcese a catro paredes e xa ninguén entende nada. 32m² é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual e todas tivemos que acabar por levantar as nosas propias alfombras para descubrir a merda que tiñamos debaixo dos propios pés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario